Fraseoloxía serbia: consolidación da disciplina e cuestións terminolóxicas
Neste traballo, emprendemos a tarefa de ofrecer un panorama da evolución e dos alcances máis importantes da fraseoloxía serbia. Presentamos a orixe e consolidación da disciplina en circunstancias temporais e espaciais dadas, e organizámolas en dúas direccións. Na primeira, facemos un percorrido...
Saved in:
| Main Authors: | , |
|---|---|
| Format: | Article |
| Language: | English |
| Published: |
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia)
2024-12-01
|
| Series: | Cadernos de Fraseoloxía Galega |
| Online Access: | https://www.cirp.gal/pub/docs/cfg/cfg25_08.pdf |
| Tags: |
Add Tag
No Tags, Be the first to tag this record!
|
| Summary: | Neste traballo, emprendemos a tarefa de ofrecer un panorama da evolución e dos alcances máis importantes da fraseoloxía serbia. Presentamos a orixe e consolidación da disciplina en circunstancias temporais e espaciais dadas, e organizámolas en dúas direccións. Na primeira, facemos un percorrido polo labor fraseográfico e paremiográfico, pasando polas primeiras coleccións de refráns, os primeiros dicionarios fraseolóxicos bilingües, o dicionario fraseolóxico monolingüe serbo-croata e, finalmente, o dicionario fraseolóxico serbio. A segunda dirección que adoptamos representa as investigacións relevantes sobre a teoría da fraseoloxía serbia, encabezadas pola obra de Dragana Mršević-Radović e outros autores eminentes que tratan temas como a determinación da disciplina, do seu obxecto de estudo e da descrición e clasificación das súas unidades. No tratamento das cuestións fraseolóxicas teóricas, representamos os principios adoptados por lingüistas serbias/ serbios (e exiugoslavos/exioguslavas) na delimitación da fraseoloxía, do seu obxecto de estudo e da nomenclatura e clasificación das súas unidades. Extraemos paralelismos coa escola fraseolóxica española e con outras escolas europeas, indicando sempre as peculiaridades da serbia, especialmente no que respecta ao ámbito de estudo e á tipoloxía das unidades fraseolóxicas. |
|---|---|
| ISSN: | 2605-4507 |